Á hora de falar de documentación informativa no ámbito xornalístico, temos que ter en conta a conservación, difusión e reutilización da información para producir un novo produto sobre a base de fontes documentais físicas ou persoais. Pode ser entendida coma unha técnica relacionada coas ciencias da información en xeral e co xornalismo en particular.
A documentación, tal e como a coñeciamos ata agora, está mudando. A expansión da Internet fai que aumenten exponencialmente as posibilidades de contrastación e de atopar fontes de información, aínda que non implica que estas sexan necesariamente aptas ou de calidade. Esta materia resposta a unha serie de principios fundamentais e cumpre determinadas funcións que perseguen o cumprimento dunha fin primordial: a satisfacción das necesidades da información.
Os centros documentais son tremendamente importantes para o almacenamento e o emprego de contidos. A documentación realiza un servizo á sociedade e axuda ao xornalismo ao exercicio deste con maior rigor e brillantez.
Cada información precisa estar contrastada e verificada, polo que analizaremos os distintos principios:
Os principios teleolóxicos, marcados pola finalidade propia do xornalismo, de reflectir a verdade e ser percibido por un receptor conteñen os seguintes valores:
- Verificativos, cunha orientación da documentación cara á obtención da verdade.
- Explicativos, que axudan á comprensión da verdade informativa grazas á valoración e a potenciación, empregando un carácter aclaratorio da información contrastada.
- Editoriais, que forman a parte máis subxectiva dependendo das dimensións formais e ideolóxicas.
Os principios formais e circunstanciais, derivados de que a razón de ser da documentación está no seu posterior uso e en que todo o recompilado pende dunhas determinadas circunstancias que restrinxen a actividade posúen os seguintes valores:
- Perdurabilidade, ca razón formal da documentación de que esta poida ser empregada a posteriori, polo que debe estar determinada a utilidade futura e o grao de permanencia das referencias e dos textos adquiridos durante a actividade.
- Adecuación funcional, que é unha regra metodolóxica na actividade pola que se orienta ao tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental de acordo coa súa natureza e a función que realiza.
- Limitativo, que é un conxunto de circunstancias reais que limitan o exercicio da actividade documental. Ámbito de difusión, tipo de publicación, localización...
Verbas clave
- Arquivo
- Documentar
- Bibliografía
- Xornalismo
- Ciberxornalismo
- Comunicación social
- Documentación informativa
- Documento
- Medios de comunicación
Cada vez, o acceso á información é máis doado xa que as novas tecnoloxías permiten que o xornalista, ou calquera consumidor de información poida acceder a ela de xeito rápido. A información documentada é unha información investigada, explicada, precisa e, polo tanto, obxectiva; non unha exposición de opinións. Polo que podemos clasificar algunhas funcións:
- Función previsora: Ter unha axenda elaborada para preparar diversas fontes sobre o tema, cousa que sería moito máis difícil sen a previsibilidade do feito.
- Función preparatoria: Informar dos diferentes temas que vaia tratar ou que afecten á información que vaia elaborar.
- Función crítico - verificadora: Ten tres dimencións: a fáctica -comprobar a exactitude dos feitos-, a crítica -indagar se as afirmacións vertidas polas fontes son verdadeiras ou falsas-, e semántica -examen de correspondencia adecuada entre a verdade que se pretende comunicar e a linguaxe empregada para a súa divulgación-.
- Función completiva: Complementar toda a información para dar cunha síntese que permita a comprensión do obxeto para que se entenda na súa totalidade.
- Función lingüístico-clarificadora: Emprego do diccionario para verificar se é correcto ou non o emprego de determinadas palabras.
- Función modélico-narrativa: Recopilar formas xornalísticas que nos poidan servir como modelo para facer os nosos traballos.
- Función orientadora: Suministrar ao director, editorialistas e colaboradores os datos, análises, estudos e ideas que facilitan a súa labor específica. Evítase a imposición autoritaria de desexos e ideas duns poucos.
- Función de información propia: Cantidade de información documental á disposición do profesional que elaborará a peza.
Finalidade
A documentación informativa ten un papel fundamental no que hai que analizar e ordear todos os documentos para recuperar todos os arquivos posíbeis. Xerar documentos secundarios, como bibliografías e conservar todo o pensamento humano, realizando unha procura, escolla, análise, recuperación e difusión de documentos ca maior rapidez posíbel.