Que pasou onte (25/9/12) en Madrid?
Unha manifestación teoricamente pacífica que rematou en altercados por mor dun sector axitador ultraesquerdista e a policía, que non soubo actuar correctamente.
¿Que papel xogou a policía?
O de manter a orde dese sector axitador de ultraesquerda malia que se lle fóra das mans e tiveran unha resposta excesiva e indiscriminada contra todos os manifestantes.
¿Que papel xogaron os manifestantes?
O de protestar contra os recortes do goberno e a suposta ilexitimidade do Congreso e o Executivo para aprobar os mesmos.
Que papel xogou a clase política?
¿Cantos diputados asistían ao pleno?
Dos 314 asistentes ao pleno, a clase política mantívose á marxe até o momento final no que algúns políticos da esquerda saían a calmar os ánimos dos manifestantes facéndose notar a súa disconformidade coas políticas do goberno.
Por que foi a concentración. Quen
chamou á concentración?
A concentración débese ao descontento popular da poboación fronte a un goberno non cumpre que prometeu, ao ser elixido democraticamente. A xente maniféstase e deixa á vista a súa opinión coa esperanza de dar a volta á tortilla e deslexitimar un goberno que non está a cumprir o que establecía o seu programa electoral. As formas de manifestarse cos altercados por parte dun sector da protesta non son lexítimos mais a organización 25-S e ¡En pie! desvinculáronse destas accións.
Onde vistedes as noticias?
Internet, xornais e televisións.
Como valorades esa información
recibida?
Está claro que segundo a liña editorial do medio a información pode ser a prol da manifestación ou en contra. Atopamos varios casos de xustificación da violencia usada por parte das forzas de seguridade, de conspiración na que houbo policías axitadores infiltrados e algún que exculpaba a acción directa do sector aillado da protesta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario