sábado, 3 de noviembre de 2012


Resumo
Vivimos nunha sociedade afectada pola síndrome de inmunodeficiencia, xa que constituímos un organismo que perdeu a capacidade de enfrontarse a un axente patóxeno. O problema fundamental é que somos conscientes de que os alicerces nos que se sustenta a nosa sociedade e principios están a ser demolidos e non somos capaces de reaccionar, asumímolo con normalidade e mesmo premiamos os que se ocupan de danarnos.
É necesario e posible aplicar unha cura inmediata e efectiva a este canceríxeno problema. Debemos mentalizar o conxunto da sociedade, castigar os culpables da patoloxía e educar para paliar e previr todo abertura desta síndrome tan estendida.

Autor
O autor do texto é José Antonio Marina é un filósofo, ensaísta e pedagogo, neto do filósofo José Marina Muñoz é catedrático excedente de filosofía no instituto madrileño de La Cabrera, Doutor Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Valencia.
A día de hoxe destaca polo seu labor de investigación da intelixencia, a fenomenoloxía, a psicoloxía xenética, a neuroloxía e a lingüística.
A súa primeira obra publicada, data de 1992, Eloxio e refutación do enxeño, permitindo que obtivese gran reputación e ser obxecto de diversos premios. Continúa publicando actualmente. A súa última obra publicada ata hoxe é "La inteligencia ejecutiva".

Proliferaron os casos de corrupción política nos últimos anos? É certo que a corrupción é "contaxiosa"?
O autor refírese en varias ocasións no seu discurso aos cada vez máis abundantes casos de corrupción, malversación de fondos públicos, desfalco, e mesmo temas como desvirtuar folgas e manifestacións civís riscándoas de "intentos de golpe de estado", que procuran ridiculizar os movementos da clase media por loitar polos seus dereitos colectivos.
Para afondar no tema só cabe achegar datos como as declaracións de María Dolores de Cospedal, secretaria xeral do goberno, que comparaba a mobilización do 25-S cun golpe de Estado. A devandita mobilización consistía en rodear o Congreso dos Deputados mediante unha manifestación pacífica, como queixa polos recortes do goberno do PP que están a limitar os dereitos e liberdades recollidos na Constitución.
Por outro lado están os tan soados casos de corrupción política. Sen ir máis lonxe, o cabeza de lista de Sociedade Civil e Democracia, Mario Conde, foi condenado 20 de prisión polo Tribunal Supremo polo Caso Banesto, no cal se lle acusaba de apropiación indebida de 600 millóns de pesetas. Evitou o cárcere cunha fianza de 500 millóns. Non obstante o sempre mantivo a súa inocencia, e cando decidiu incorporarse ao neonato partido SCD foron 16000 os votantes que decidiron apoiar a súa candidatura e confiar en que a pesar dos seus antecedentes, era quen de manipular fondos públicos.
A nivel nacional tamén encontramos outros como o Caso Gurtel onde unha denuncia dunha concelleira de Maxadahonda destapa unha rede de subornos a políticos do Partido Popular a cambio de adxudicacións de contratos públicos. Temos tamén o caso Campeón, onde o principal acusado, Jorge Dorribo asegura que o exministro socialista José Blanco e os exdeputados autonómicosPablo Cobián (PP) e Fernando Blanco (BNG) recibiron distintas cantidades de diñeiro por axudalo a conseguir subvencións e distintas licenzas.
Está tamén o caso dos traxes, no que Francisco Camps, xunto con outros altos cargos do goberno da Generalitat Valenciana presidente da Generalitat aceptaba traxes como suborno a cambio de dar adxudicacións públicas. O encargado de facer estes regalos eraFrancisco Correa, quen tamén está implicado na trama Gürtel.Camps foi absolvido.
Finalmente, é digno de facer mención ao Caso Noos, que continúa aínda de actualidade. Acúsase o duque de PalmaIñaki Urdangarín, xunto ao seu socio Diego Torres de embolsar grandes cantidades de diñeiro público entre 2005 e 2007 a través da organización sen ánimo de lucro Fundación Noos, presidida por Urdangarín. A casa real viuse gravemente involucrada e pon en dúbida a inocencia do conxunto de membros da familia.

Á marxe de todos estes casos cabe sinalar que a corrupción tamén é mediática, xa que moitas veces son os propios medios de comunicación (moitas veces financiados por fondos provenientes de gobernos e polo tanto, condicionando gravemente a obxectividade destes), os que manipulan a información, ou actúan como paraugas. Tamén se ocupan de levar a información ata puntos sensacionalistas nos que prima conseguir audiencia.
Un exemplo claro é o de Madrid Area. O suceso aconteceu a pasada madrugada do 1 de Novembro, onde 3 rapazas morreron esmagadas nunha discoteca madrileña por culpa dunha avalancha de xente. No local había ao redor de 20.000 persoas, case o dobre da capacidade total. Os medios dedicáronse a indagar na vida privada das vítimas e a analizar nos programas as redes sociais das mozas, chegando a achegar datos completamente irrelevantes.

Constitúe a corrupción unha preocupación para os españois?
Unha enquisa publicada polo CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas) en Xuño de 2011 revela que ante a pregunta se se consideraban que bastantes ou case todos os políticos estaban implicados en cuestións de corrupción sobe ao 86,6%, un incremento considerable en comparación co dato de 2007 onde eran o 51'9% os que respondían así.



Quen foi Antonio Machado, autor da frase "Que difícil é non caer cando todo cae"?
Antonio Machado foi un poeta sevillano membro tardío da Xeración do 98, nacido no ano 1875. Doutorouse en filosofía e letras e exerceu a súa cátedra como profesor de francés no Instituto de Segovia. A partir de 1928 será membro da Real Academia Española. Ao estalido da guerra civil española trasladarase a Rocafort e posteriormente a Barcelona coa súa familia. En 1939 exiliarase a Colliure, e será neste pobo francés onde morra ese mesmo ano.


Como poeta pasou dun inicial modernismo ata o espírito crítico propio da Xeración á que pertencía. Da súa obra destacan títulos como Campos de Castela, Soledades, galerías e outros poemas e Novas cancións.

A qué se refire o autor ao falar de pensamento crítico? 
Estritamente, o pensamento crítico trátase dun proceso cognitivo que se propón analizar a estrutura e consistencia do xeito no que se articulan as secuencias que pretenden interpretar e representar o mundo, en particular as opinións ou afirmacións que na vida cotiá adoitan aceptarse como verdadeiras. Trátase de empregar o coñecemento e a intelixencia propios de forma efectiva para chegar á posición máis xustificada e razoable dun tema. Encóntrase moi ligado ao escepticismo científico e ao estudo e detección das falacias.

Xorde como corrente filosófica a medios dos anos 70 en Canadá, Estados Unidos e Inglaterra cunha dobre vertente analítica e evaluativa. Procura superar o aspecto mecánico do estudo da lóxica, así como entender e avaliar os argumentos nos seus hábitats naturais, por exemplo, o xurídico, o estético e o ético.


É o resultado dunha sensación de insatisfacción xeneralizada cos cursos tradicionais da lóxica formal. Pretende evitar as presións sociais que levan á estandarización e ao conformismo. O pensador crítico busca entender como recoñecer e mitigar ou evitar os distintos enganos aos que é sometido na cotianeidade. Desta forma, pódese afirmar que este movemento desconfía dos medios de comunicación como fonte de información fidedigna.


Que é a democracia parlamentaria?
Trátase dunha forma de goberno fundamentada na división de poderes. A cámara parlamentaria componse de membros directamente electos a través de sufraxio universal e dispón do poder lexislativo. O Goberno xorde da maioría parlamentaria. É o poder executivo, aínda que adoita ter a iniciativa lexislativa ante o Parlamento. E o poder xudicial adminístrase en nome do pobo por xuíces e maxistrados independentes, inamovibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da Lei.
En oposición á República presidencialista e a República semipresidencialista, o xefe do estado, normalmente, non ten poderes executivos reais como un Presidente executivo, xa que a maioría destes poderes lle foron concedidos ao xefe de goberno, normalmente chamado primeiro ministro.
É a forma de goberno máis estendida nas sociedades capitalistas.

Que é a Unión Europea e que supuxo o Cumio de Lisboa?
A Unión Europea (UE) é unha comunidade política de Dereito constituída en réxime de organización internacional, creada para propiciar e acoller a integración e goberno en común dos estados de Europa. Está composta por vinte e sete estados europeos e foi establecida coa entrada en vigor do Tratado da Unión Europea (TUE), o 1 de novembro de 1993.
a principal característica da UE é ser un mercado único, co euro como moeda. Rexen como principais valores a dignidade humana, liberdade, democracia, igualdade, Estado de Dereito e respecto dos dereitos humanos.
O cumio de Lisboa, celebrada o 19 de Novembro de 2010, recolle unha reunión entre os Estados Unidos e a Unión Europea para paliar as distancias transatlánticas derivadas dos diferentes enfoques para solucionar a crise económica mundial. EUA aposta polo estímulo, mentres que a UE, liderada por Alemaña, se centra na disciplina fiscal.
O devandito cumio procurou lograr un achegamento efectivo para achegarse máis á sinerxía entre potencias en temas sociopolíticos, económicos, de paz e de medioambiente.


Que é o informe Crick?
O informe Crick (que recibe o seu nome por Francis Crick) é un informe oficial sobre a Educación para a Cidadanía (EpC) e ten como principais obxectivos fomentar a responsabilidade social e moral, a implicación comunitaria e ampliar a cultura política.
Con este informe pódese observar a diversidade e tendencias dos diferentes sistemas educativos.
Inclúe aspectos dende psicolóxicos ata coñecementos de política e economía. Non só atende a aspectos teóricos senón que fomenta a participación activa. Aconsella que se lle dedique o 5% do currículo á materia, e que sexa avaliable, aínda que cunha avaliación diferente ás demais materias.

Que pretende o Programa Eurydice?
Eurydice elabora e publica monografías comparativas e actualizadas con regularidade sobre a organización dos sistemas educativos de toda Europa, estudos comparativos sobre temas específicos de interese comunitario e unha serie indicadores.
Foi posto en marcha por primeira vez en 1980 pola Comunidade Europea, componse dunha Unidade Europea, creada pola Comisión Europea en Bruxelas e varias Unidades Nacionais, dependentes dos ministerios de educación dos países participantes no programa de acción europeo Sócrates.

Que conclusión saquei tras a consulta de fontes?
Aínda procurando ser obxectiva á hora de analizar o texto proposto, é moi complicado non se posicionar a favor ou en contra do contido e da idea que o autor logra transmitir acertadamente. No meu caso concreto conseguín identificarme e ver reflectida unha sociedade chegada ao límite das súas posibilidades de permisividade coas circunstancias que nos rodean.
Tras a análise de fontes, a conclusión posible é que desgraciadamente dispoñemos dos instrumentos necesarios para neutralizar a situación, pero non sabemos e non se nos permite ser os que para empregalos como axente de redución do "inimigo".
É doado acceder a artigos relacionados con este, no que se trata o tema de sociedades enfermas ou a necesidade de que se apliquen os principios do pensamento crítico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario